Bueu
RUTAS COÑECE BUEU
Data de publicación: 14/07/2024
O Concello de Bueu organiza rutas guiadas para coñecer a vila e a súa historia mariñeira.
Apetéceche coñecer Bueu?
Dende o Concello de Bueu organizamos un programa de rutas guiadas nas que seguiremos afondando na nosa historia mariñeira.
Todos os venres a partir das 10 horas, poderás coñecer uns anaquiños máis de Bueu.
"Bueu, sabor e mar"
"O mar, fonte de alimento e de traballo"
"Carpintería de ribeira: o patrimonio cultural"
As prazas son limitadas, e poderedes facer a inscrición a través do enderezo electrónico turismo@concelloodebueu.gal ou no teléfono 986390029 (ext. 5).
Toda a info na web: https://concellodebueu.gal/eventos/programa-de-rutas-conece-bueu/