Bueu
O CONCELLO DE BUEU PON UN BARCO PARA A PROCESIÓN MARÍTIMA DO CARME
Data de publicación: 12/07/2024
Imaxe procesión Festa Carme
O Concello de Bueu pon a disposición da cidadanía un barco para asistir á procesión marítima que terá lugar o martes 16, coincidindo coa festividade do Carme, a partir das 18.30 horas.
O Concello de Bueu organiza entre o 12 e o 17 de xullo as Festas do Carme, un dos eventos máis agardados e con máis tradición na vila. Con este motivo, dende o consistorio poñerase a disposición da cidadanía un barco para asistir á procesión marítima que terá lugar o martes 16, coincidindo coa festividade do Carme, a partir das 18.30 horas.
As inscricións para formar parte deste barco, que terá un total de 250 prazas, deberán realizarse a través do Rexistro Xeral ou pola Sede Electrónica do Concello a partir deste venres, 12 de xullo, e ata o luns 15. Cada persoa pode inscribir ata un máximo de 3 integrantes.