Bueu

Comunicacións

Bueu

Apertura provisional da Sala do Bueu Romano en Pescadoira.

Data de publicación: 21/07/2026

O Concello abre provisionalmente ata mediados de setembro a Sala do Bueu Romano en Pescadoira para mostrar este espazo que xa foi rehabilitado nunha primeira fase e que terá outra actuación durante este ano para a súa segunda fase.

A sala de interpretación do Bueu Romano, situada na zona de Pescadoira, abre as súas portas durante dous meses este verán, permitindo visitar os seus dous fornos de alfarería do século IV, únicos na Península. O xacemento pódese visitar de martes a sábado, entre as 11:00 e as 13:30 horas ata o 17 de setembro. Despois levarase a cabo unha segunda fase deste proxecto que pon en valor o pasado romano da vila bueuesa.
O pasado histórico romano de Bueu destaca polos fornos de Pescadoira: Atopados no ano 2000 no lugar dunha antiga conserveira, demostran que a industria de conservación de peixe remonta á Antigüidade. As escavacións sacaron á luz dous fornos de alfarería (onde se fabricaban as ánforas para o transporte) e os restos dun patio porticado e varias dependencias.