Bueu

Comunicacións

Bueu

Festas de Beluso e cinema na rúa

Data de publicación: 13/08/2026

🥳🎥 Dende o Concello de Bueu organizamos esta fin de semana as festas de Beluso, que arrancan hoxe con cinema!
Programa festa

🥳🎥 Dende o Concello de Bueu organizamos esta fin de semana as festas de Beluso, que arrancan hoxe con cinema!

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza esta semana as festas de Beluso que contarán cunha programación variada e diversa destinada ao público familiar e que terán lugar no Parque Joe Novas.

Os festexos arrancarán o xoves 13 de agosto pola tardiña con actividades para os máis pequenos e pequenas coa proxección ás 22.00 horas da película «O fantástico sr Fox», inserida no programa municipal «Cinema na rúa».

O venres pola noite actuará o Dúo Cóctel na Plazoleta de Beluso, coa colaboración do bar Onza.

O sábado, o grupo de gaitas Os Liboreiros fará un pasarrúas polos lugares da parroquia a partir das 12.30 horas. Pola tarde, ás 16.30 horas, organizarase unha festa infantil con inchables, xogos e actividades variadas, e xa pola noite será a verbena co grupo local Distrito 7.

O domingo rematará a actuación das 20.30 horas o grupo Novos Ventos na Plazoleta de Beluso.