Bueu

Comunicaciones

Bueu

Cinema na rúa

Fecha de publicación: 06/08/2026

O 6 de agosto poderase gozar de “Mi vecino Totoro” na Praza Massó. O filme desenvólvese nos anos 50, cando unha familia xaponesa se traslada ao campo e as súas fillas fan amizade con Totoro, un espírito do bosque.

O Concello de Bueu organiza no mes de agosto «Cinema na rúa», un programa que se desenvolverá todos os xoves ás 22.00 horas e irase alternando por diversos lugares das tres parroquias.

Así, o 6 de agosto poderase gozar de “Mi vecino Totoro” na Praza Massó; o 13, no Parque Joe Novas de Beluso, de “O fantástico Sr Fox” ; o 20 de agosto de “Arco” no Torrecino de Cela; e por último, o 27 de agosto de “Rondallas” na Banda do Río, diante do Estaleiro.