Bueu
Medidas seguridade eclipse
Data de publicación: 11/08/2026
O Concello de Bueu establece medidas e recomendacións para ver a eclipse solar con seguridade.

Medidas e recomendacións para ver a eclipse solar con seguridade.
Ante a eclipse solar deste mércores 12 de agosto, o Concello de Bueu, e tras as reunións mantidas cos corpos e forzas de seguridade, comunica diversas medidas de seguridade e recomendacións á cidadanía.
Podedes ver todas as recomendacións aquí:
- Priorizar o tránsito peonil na medida do posible, e non interromper os accesos ás praias nin ás vivendas da veciñanza.
- O Concello levará a cabo un control exhaustivo dos coches mal estacionados nas praias co fin de garantir o tránsito de vehículos de emerxencias.
- As persoas que accedan aos montes deberán facelo con responsabilidade, xa que estamos en tempada de risco alto de incendios.
- Cabo Udra: debido a que é a zona de gran afluencia, o Concello establece un dispositivo de tráfico dende as 14.30 h, con cortes ao tránsito de vehículos, segundo o mapa adxunto.
- Se fora preciso, adoptaranse novas medidas para o acceso ás praias e espazos de afluencia, caso da praia de Lagos.
- Lémbrase á cidadanía que é importante actuar con responsabilidade, civismo e utilizar só lentes homologadas.