Bueu

Comunicacións

Bueu

Medidas seguridade eclipse

Data de publicación: 11/08/2026

O Concello de Bueu establece medidas e recomendacións para ver a eclipse solar con seguridade.
Mapa cortes tráfico

O Concello de Bueu establece medidas e recomendacións para ver a eclipse solar con seguridade.

ℹ️🌅 Medidas e recomendacións para ver a eclipse solar con seguridade.

Ante a eclipse solar deste mércores 12 de agosto, o Concello de Bueu, e tras as reunións mantidas cos corpos e forzas de seguridade, comunica diversas medidas de seguridade e recomendacións á cidadanía.

Podedes ver todas as recomendacións aquí:

  • Priorizar o tránsito peonil na medida do posible, e non interromper os accesos ás praias nin ás vivendas da veciñanza.
  • O Concello levará a cabo un control exhaustivo dos coches mal estacionados nas praias co fin de garantir o tránsito de vehículos de emerxencias.
  • As persoas que accedan aos montes deberán facelo con responsabilidade, xa que estamos en tempada de risco alto de incendios.
  • Cabo Udra: debido a que é a zona de gran afluencia, o Concello establece un dispositivo de tráfico dende as 14.30 h, con cortes ao tránsito de vehículos, segundo o mapa adxunto.
  • Se fora preciso, adoptaranse novas medidas para o acceso ás praias e espazos de afluencia, caso da praia de Lagos.
  • Lémbrase á cidadanía que é importante actuar con responsabilidade, civismo e utilizar só lentes homologadas.