Bueu

Comunicaciones

Bueu

Carnaval de verán

Fecha de publicación: 20/08/2026

🥳 Programación do Carnaval do verán
☑️ O Concello de Bueu e a hostalaría da Banda do Río organizan este sábado 22 de agosto o Carnaval de Verán, que se celebrará no aparcadoiro da zona e que incluirá diversas actividades.
Carnaval de verán

🥳 Programación do Carnaval do verán ☑️ O Concello de Bueu e a hostalaría da Banda do Río organizan este sábado 22 de agosto o Carnaval de Verán, que se celebrará no aparcadoiro da zona e que incluirá diversas actividades.

🥳 Programación do Carnaval do verán

☑️ O Concello de Bueu e a hostalaría da Banda do Río organizan este sábado 22 de agosto o Carnaval de Verán, que se celebrará no aparcadoiro da zona e que incluirá diversas actuacións musicais, como DJs e outras actividades para todos os públicos, incluída a rapazada.

☑️ A xornada comeza ás 17 horas coa sesión vermú de DJ Gramola, e continúa ás 18.30 horas cunha festa infantil para nenos e nenas na que haberá música e diversión, e na que a hostalaría da zona organizará unha merenda.

☑️ Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salientou que nesta edición “temos actividades máis variadas, para todas as idades e públicos e das que adiantamos o horario co fin de garantir o descanso veciñal nocturno”.

☑️ As actuacións musicais con DJs abranguerán todas as épocas, dende os anos 80, 90 e 2000 ata a máis actual. Así, as persoas asistentes poderán gozar de DJ Gramola pola tarde, DJ Michi (22 horas), DJ Alexg (23.30 horas) e Dj Rubén Díaz (01.00 horas).