Bueu

Comunicaciones

Bueu

Festas de Ons

Fecha de publicación: 20/08/2026

Este sábado e domingo celébranse as Festas de San Xaquín en Ons.
Cartel festa Ons

Este sábado e domingo celébranse as Festas de San Xaquín en Ons.

O Concello de Bueu, coa colaboración da Asociación de Veciños e Amigos de Ons, Parques Nacionais e veciñanza, organiza o 22 e 23 de agosto a Festa de Ons.

O programa de eventos iniciarase o sábado pola mañá cunha ruada a cargo da charanga Amigos e Colores. Pola noite, a partir das 22.30 horas, actuará o grupo De Cañas e Óscar DJ.

O domingo comezará a mañá cunha ruada coa charanga Os imperiais, Mariachis Noche de Ronda e o grupo de gaiteiros Serradela. Ás 12.00 será a ofrenda no cemiterio e a continuación organizarase unha homenaxe veciñal aos fareiros, para dar paso logo á misa na honra de San Xaquín ás 13.00 horas.