Bueu
Outono de contos
Fecha de publicación: 21/09/2026
Dende o Concello de Bueu organizamos do 22 de setembro ao 20 de outubro o Outono de contos nas bibliotecas.
O Concello de Bueu organiza unha nova edición de actividades para público miúdo baixo o programa «Outono de contos» co obxectivo de promover as bibliotecas municipais como espazos de encontro e lecer así como de fomentar a lectura con estas actividades de narración oral.
As sesións comezan este martes, 22 de setembro, e esténdense ata o 20 de outubro, un período que coincide co inicio do curso escolar, impulsando así o achegamento dos máis pequenos e pequenas ás bibliotecas municipais neste tempo.
Oxalá vos animedes a participar!
Tedes a info completa na nosa web:
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organiza-o-programa-outono-de-contos/