Bueu

Comunicaciones

Bueu

Inscricións programa ximnasias

Fecha de publicación: 22/09/2026

O Concello de Bueu abre este xoves o prazo de inscricións para o programa de ximnasias.

O Concello de Bueu, a través da concellaría de deportes, porá en marcha a partir do 5 de outubro ‘Manténdonos en forma’, o programa de actividades físico –deportivas para a cidadanía que se desenvolverán en diversos espazos municipais, como o Pavillón Municipal Pablo Herbello e tamén nos lugares de Beluso, Cela e Meiro. As persoas que queiran participar nel terán que estar empadroadas en Bueu e deberán inscribirse entre o 24 e o 28 de setembro, aínda que as solicitudes xa se poderán recoller no rexistro dende o luns 21 ou na propia web municipal. O trámite será no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 13.30 horas ou a través da Sede Electrónica a través dun formulario habilitado para tal fin. É obrigatorio estar empadroado/a no Concello de Bueu e unha persoa só se pode inscribir a si mesma e como máximo a outra persoa mais presentando os respectivos DNI no rexistro.

O programa ofertará preto de cincocentas prazas, sendo 325 para o Pavillón Municipal Pablo Herbello e Centro Social do Mar, 60 para Beluso, 30 para Cela e 15 para Meiro. Ademais, e como vén sendo habitual, engadiranse prazas para persoas con mobilidade reducida e Párkinson.

Toda a info na páxina web municipal:

https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-abre-este-xoves-o-prazo-de-inscricion-no-programa-de-ximnasias/