Bueu
Inscricións Aula de Música
Data de publicación: 22/09/2026
O Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para a Aula de Música ata o 29 de setembro.
A Aula de Música do Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar nas clases do vindeiro curso, que se desenvolverán entre o 6 de outubro e finais de xuño do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil, situada no Valado. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, conxunto musical (combo), batería e música activa. As inscricións poderán entregarse desde o 21 ao 29 de setembro ás 23.59 h, de dúas formas: achegando a solicitude por Rexistro Xeral ou mediante a Sede Electrónica (para o que é preciso contar con certificado dixital).
Toda a info na web municipal:
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-abre-o-prazo-de-inscricion-para-a-aula-municipal-de-musica/