Bueu
Cursos de dixitalización en Bueu
Fecha de publicación: 15/10/2026
Novos cursos de dixitalización en Bueu
💻 📲 Cursos dixitalización en Bueu
A Fundación Impulsarse e o Concello de Bueu, coa colaboración doutros organismos e entidades, organizan dous cursos de dixitalización para diversas franxas de idade, nos que se agasallará unha tablet.
Os cursos son os seguintes:
☑️ Para menores de 30 anos desempregados: IA aplicada á procura do emprego; e competencias dixitais avanzadas.
☑️ Para persoas de 45 a 60 anos desempregadas: competencias dixitais básicas para persoas maiores sen medo a tecnoloxía.
✍️ As persoas interesadas poden inscribirse en: gestion1@fundacionimpulsarse.es ou nos teléfonos 698197518 e 694311677. Os horarios comunicaranse posteriormente.