Bueu

Comunicaciones

Bueu

Comeza o ciclo de cinema mudo "O poder da imaxe"

Fecha de publicación: 27/10/2026

O Concello de Bueu inaugura este xoves 29 de outubro, o ciclo de cinema mudo "O poder da imaxe". Será ás 20.00 horas no Centro Social do Mar e nela presentarase o filme "Evocare" con música en directo da Orquesta Clásica de Vigo.
Cartel "Evocare: Canto da Emigración"

O Concello de Bueu inaugura este xoves 29 de outubro, o ciclo de cinema mudo "O poder da imaxe". Será ás 20.00 horas no Centro Social do Mar e nela presentarase o filme "Evocare" con música en directo da Orquesta Clásica de Vigo.

📽️ O Concello de Bueu inaugura este xoves, 29 de outubro, o ciclo de cinema mudo "O poder da imaxe", co que queremos poñer en valor o silenzo e as imaxes.

🎶 Comezaremos cunha sesión especial con música en directo da Orquesta Clásica de Vigo. O director Pepe Coira presentará "Evocare: Canto de emigración", a evocación dunha película desaparecida.

"Canto de emigración", dirixida por Antonio Román en 1935, é unha obra singular e vangardista do patrimonio fílmico galego, na que o cineasta ourensán retratou os dramas da emigración. O director de cinema Pepe Coira e a Orquesta Clásica de Vigo traballaron na creación desta evocación, a partir dos vestixios da película orixinal que chegaron ata hoxe: fotogramas, recensións de prensa, fotografías, o guión e a partitura orixinal, obra do compositor Teódulo R. Páramos. Esta partitura foi conservada pola familia do compositor, chegando ata a súa neta, violinista da propia orquestra.

Non vola perdades!

📆 Xoves, 29 de outubro
⌚ 20.00 horas
📍 Centro Social do Mar
💸 Entrada de balde