Bueu
Ciclo de cinema mudo «O poder da imaxe»: «Nacín, mais…» de Yasujiro Ozu
Data de publicación: 12/11/2026
📽️ Este xoves continuamos co ciclo de cinema mudo "O poder da imaxe" e facémolo coa proxección do filme "Nacín, mais..." de Yasujiro Ozu.
📽️ Este xoves continuamos co ciclo de cinema mudo "O poder da imaxe" e facémolo coa proxección do filme "Nacín, mais..." de Yasujiro Ozu.
Rodada en 1932, a película conta como a familia de Yoshii se muda de casa para vivir preto do director da empresa onde traballa. Os seus fillos, Ryoichi e Keiji, son marxinados polos nenos do barrio ata que logran facerse co mando da pandilla. Os dous irmáns admiran o seu pai ata que, nunha proxección de cinema doméstico, o ven facer o pallaso diante do seu xefe, e entón declaran unha folga de fame. Comedia infantil e crítica social á vez, ten moitos apuntes autobiográficos do cineasta.
Oxalá vos animedes a vela!
📆 Xoves, 12 de novembro
⌚ 20.00 horas
📍 Centro Social do Mar
💸 Entrada de balde ata completar aforo
Toda a info na nosa web:
https://concellodebueu.gal/eventos/ciclo-de-cinema-mudo-o-poder-da-imaxe-nacin-mais-de-yasujiro-ozu/